Outros elementos

FONTE PÚBLICA BORREIQUES

A fonte pública de Borreiques naceu hai case dous séculos, aínda que se lle fixeron reformas durante todo este tempo. A reforma máis actual fíxoselle no ano 2007, coa cal quedou tal e como está agora. Destaca polo seu caudal e pola calidade da súa auga, xa que veciños dos arredores e máis lonxanos se achegan ata ela para levar a súa sabrosa e fresca auga.




FONTE PÚBLICA XERÉ
É unha fonte de principios do século XX que foi reformada no ano 1985 e quedou como está agora.
Ata hai tres anos a xente usábaa tamén como lavadoiro público pero agora só está como fonte de auga potable.