A paisaxe

A AGRICULTURA
En xeral o que máis se cultiva nesta parroquia é herba e millo para os animais. Pero esta parroquia tamén destaca por ter grandes fincas con árbores, maioritariamente eucaliptos e piñeiros. No ano 2010 taláronse milleiros de toneladas destas árbores.
Polo que agora todas as fincas están en período de repoboación.




A GANDEIRÍA
Na parroquia hai varias explotacións bovinas, aínda que tamén ten unha caprina que destaca sobre as bovinas. Esta explotación consta de 175 cabras para consumo da súa carne. As cabras dispoñen de total liberdade xa que poden andar por calquera recuncho das 31 hectáreas cerradas con fíos eléctricos e diversos aparellos de protección. A dona desta explotación é dona Gema Sampedro Jiménez, unha apaixoada dos animais,  quen conta coa axuda  da súa filla Lorena  e mais da de dous cans pastores de raza "mastín".